Benvida do Presidente da CPMA-Vigo

Douvos a benvida a esta web que, lonxe de pretender ser un escaparate, tenta ser un medio de traballo e participación.

Como colexiado estou convencido de que o now how da delegación reside diretamente nos propios colexiados, nos máis de quinientos profesionais arquitectos que formamos a demarcación de Vigo. E que a participación de todos é imprescindible para prantexar e levar a bo fin as nosas inquedanzas profesionais.

Tócame como presidente da CPMA-Vigo artellar os mecanismos que fagan posible isa laboura común e por iso, para pór isto en marcha, presento aquí uns obxectivos e estratexias coas que iniciar a andaina.

Quedo á vosa disposición

Anxo de la Puente Fernández, presidente da Comisión de Planeamento e Medio Ambente do COAG-Vigo