Convocatoria «Asómate a ti mesmo»

There is online access available at most of our buildings that are for sale or rent. You can use that access to play games at your favorite online casino.

Dende a Delegación de Vigo do COAG convócase a tódolos colexiados adscritos a mesma, a participar nunha mostra colectiva do seu traballo. Trátase de amosar e dar a coñecer a outros colexiados e á sociedade en xeral, o xeito particular de entender a Arquitectura.
A divulgación é parte esencial do quefacer colexial.

Cada arquitecto de xeito individual, elixirá libremente un único exemplo representativo da súa traxectoria, ben sexa proxecto construido ou non, participación en concurso, proposta utópica,… Para elo, escollerá unas tres ou catro imaxes -fotos, planos, bosquexos,…- que identifiquen o exemplo, e fará con elas unha composición cadrada de 25×25 cm cunha resolución de 200 ppp en formato jpg.
O nome do arquivo incluirá un título corto e o nome do arquitecto (por exemplo: “casaentui_miguelponte.jpg”)

O arquivo .jpg será enviado á conta de correo:
secretario.vigo@colexiodearquitectos.org ata ás 15:00 horas do día 22 de Decembro.

Tódalas composicións recibidas serán publicadas na páxina web da Delegación e se exporán na sala de actos da Delegación de Vigo.