Xunta Ordinaria COAG-Vigo

O vindeiro xoves día 14 de xullo, ás 19:00 horas en 1ª convocatoria e as 19:30 horasen 2ª convocatoria, celebrarase a Xunta Ordinaria de Delegación na sala de actos da delegación de Vigo, con arranzo ao seguinte:ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2. Presentación da nova Xunta Directiva.

3. Comisións de Cultura, Planeamento e Laboratorio de ideas: presentación dos coordinadores, propostas para o seu funcionamento, colaboración, suxerencias de actividades para as mesama.

4. Informe da Xunta Directiva do Estado da Delegación de Vigo.

5. Informe da Xunta de Goberno do COAG do día 20 de Xuño

6. Rogos, preguntas e propostas.

 

Así mesmo, aqueles colexiados que, non podendo acudir fisicamente á Xunta, teñan algo que aportar aos puntos a tratar na orde de día, poderán achegar as súas observacións por correo electrónico á dirección secretario.vigo@colexiodearquitectos.org, sempre que o fagan antes das 15:00 do mesmo día 14 de Xullo